Usuario anónimo ¿Quieres tener tu propio blog?
Crear blog gratis en OboLog

Castelao

por Galiza
martes, 09 de marzo del 2010 a las 22:37
guardado en

 

  • "Antes muertos que esclavos."
  • "El verdadero heroísmo está en transformar los deseos en realidades y las ideas en hechos."
  • "La vaca es el símbolo de la paz"
  • “Los catalanes, los gallegos y los vascos serían anti-españoles si quisieran imponer su modo de hablar a la gente de Castilla; pero son patriotas cuando aman su lengua y no se avienen a cambiarla por otra. Nosotros comprendemos que a un gallego, a un vasco o a un catalán que no quiera ser español se le llame separatista; pero yo pregunto cómo debe llamársele a un gallego que no quiera ser gallego, a un vasco que no quiera ser vasco, a un catalán que no quiera ser catalán. Estoy seguro de que en Castilla, a estos compatriotas les llaman "buenos españoles", "modelo de patriotas", cuando en realidad son traidores a sí mismos y a la tierra que les dio el ser. ¡Estos sí que son separatistas!”

Fotos tanda 10º

por Galiza
martes, 09 de marzo del 2010 a las 21:36
guardado en

10

Ver álbum de fotos »

Fotos 9º tanda

por Galiza
martes, 09 de marzo del 2010 a las 17:43
guardado en

9º tanda

María Maior Fernández da Cámara e Pita

por Galiza
martes, 09 de marzo del 2010 a las 16:46
guardado en

Heroína coruñesa que se fixo célebre pola súa participación na defensa da cidade fronte a unha flota inglesa comandada por Drake en maio de 1589. Malia que na súa biografía existen aínda importantes lagoas, a súa vida puido ser reconstruída a grandes liñas partindo dos numerosos procesos xudiciais aos que deberon enfrontarse ela e a súa familia, dalgunhas escrituras notariais e dos memoriais que a interesada presentou ao Consello de Guerra solicitando a satisfacción dos seus servizos durante o asedio inglés.

Tal como se encargou de salientar o seu primeiro biógrafo, don Andrés Martínez Salazar, o nome completo da heroína era Mayor Fernández da Cámara Pita, aínda que na documentación non sempre figuran todos os seus apelidos e popularmente acabou sendo coñecida como María Pita. A etapa inicial da súa vida, os anos de infancia e primeira xuventude constitúen un período moi mal coñecido, de aí a aparición de numerosas especulacións sobre a súa suposta orixe fidalga. Non obstante, investigacións recentes permitiron identificar os seus pais (Simón Arnao e María Pita "la vieja") e perfilar mellor as súas circunstancias familiares. Así, sabemos que os seus proxenitores casaron arredor de 1554 e os dous figuran como propietarios dunha tenda na Peixería. Polo que se refire á nosa protagonista, o seu nacemento tivo lugar arredor de 1556 e cando tivo idade suficiente ocupouse de axudar no negocio familiar. En 1581 a futura heroína casou co carniceiro Juan Alonso de Rois, co que tivo unha filla, María Alonso de Rois. Deste modo iniciaba unha axitada vida matrimonial que a levou a contraer matrimonio en catro ocasións debido ao rápido falecemento dos seus esposos. Así, en 1585 aparece como viúva por primeira vez, condición que cambia dous anos máis tarde ao contraer un novo matrimonio co tamén carniceiro Gregorio de Rocamonde.

En maio de 1589 este morre durante o cerco ao que foi sometida a cidade por unha flota inglesa que se dirixía a Lisboa. Tras desembarcar na praia de Santa María de Oza e arrasar a Peixería, os asaltantes intentaron a conquista da Cidade Vella, na súa defensa participarían tanto militares como civís. Segundo as crónicas da época, cando os ingleses estaban a punto de penetrar na cidade pola zona da Porta de Aires, María Pita logrou derribar o abandeirado inglés acendendo aos defensores e forzando a retirada dos asaltantes. Aínda que esta fazaña non aparece recollida na documentación oficial que narra o cerco, si está a participación das mulleres coruñesas na defensa da súa cidade. A razón pola que o seu caso chegou a alcanzar notoriedade pública posiblemente teña que ver cos diversos memoriais presentados por María Pita ante os consellos reais solicitando algunha recompensa polos seus servizos. De feito, ela mesma chegou a viaxar á corte en dúas ocasións, en 1596 e 1606, e como resultado obtería diversas mercés reais. Con anterioridade á primeira destas viaxes, arredor de 1590, María Pita casara de novo, esta vez co capitán Alonso de Arratia. Investigacións recentes permitiron determinar que se trataba dun mestre de navío que chegou a Galicia procedente de Sanlúcar de Barrameda cun cargamento de madeira e municións para os barcos da armada real que daquela se encontraban en Ferrol. Desta unión nacería unha nena, Francisca de Arratia, pero a estabilidade familiar duraría pouco tempo ao producirse o falecemento do marido en 1592. Con todo, María Pita aínda contraería un cuarto e último matrimonio co escudeiro da Real Audiencia de Galicia Gil de Figueroa, con quen tería dous fillos, Juan e Francisco Bermúdez de Figueroa, que herdaron a condición fidalga de seu pai e numerosos conflitos pola propiedade e o uso de xurisdición do couto de San Pedro de Lendoño.

Esta circunstancia, unida aos numerosos conflitos aos que debeu facer fronte o noso personaxe ao longo da súa vida, explica que chegasen ata nós un total de 35 procesos xudiciais referidos a ela e á súa familia inmediata e por todo tipo de asuntos: demandas de bens, cobro de débedas, querelas por inxurias e até unha acusación de asasinato que provocaría o seu desterro da cidade en 1596. Todos estes litixios serviron para forxar unha imaxe da heroína como muller preiteante e aguerrida, aínda que é certo que non se pode xulgar toda a súa
traxectoria desde esta soa perspectiva. En todo caso, cando en 1643 María Pita falece en Cambre, onde tiña diversas propiedades, deixa tras de si unha vida extraordinariamente longa e atractiva. Na súa partida de defunción consta que fixera testamento e que nel ordenaba que a enterrasen no convento de San Domingos da Coruña, onde tamén se encontraban os restos do último dos seus esposos, pero ata hoxe aínda non puido ser localizada a súa sepultura.

Fotos 9º tanda

por Galiza
martes, 09 de marzo del 2010 a las 13:59
guardado en

9

Ver álbum de fotos »

Fotos 8º tanda

por Galiza
lunes, 08 de marzo del 2010 a las 20:33
guardado en

8

Fotos 7º tanda

por Galiza
lunes, 08 de marzo del 2010 a las 19:00
guardado en

7

Fotos todas 8 de marzo

por Galiza
lunes, 08 de marzo del 2010 a las 16:13
guardado en

todas

Sobre el blog

El blog de Galiza

El blog de Galiza

Ver ficha del blog en OboLog

Login

Suscripción

Suscríbete al Feed RSS XML

También puedes suscribirte directamente con alguno de los siguientes enlaces:

  • Suscríbete en Bloglines
  • Suscríbete en Google

Enlaces

blog personal de Americo Vespucci
- blog
webcam para yazak
- yazak web cam instalar
cliente yazak
- yazak cliente
yahoo messenger 10
- yahoo messenger 10
cliente yahelite
- cliente yahelite
yepic cliente para yahoo
- cliente para yahoo